martes, 31 de marzo de 2020

2 de abril


#DÍAMUNDIALAUTISMO

O próximo xoves, 2 de abril, conmemorase o Día Mundial do autismo.

O DSM-5 sitúa o trastorno do espectro do autismo entre os trastornos do neurodesenvolvemento, que ten como características principais:
a) Deterioración persistente da comunicación social recíproca e da interacción social.
b) Patróns de conduta, intereses ou actividades restritivos e repetitivos. Indica tamén que “eses síntomas están presentes desde a primeira infancia e limitan ou impiden o funcionamento cotián”.

Para consultar mais sobre este trastorno podedes premer no Protocolo de atención ao alumnado con TEA que temos no blog.





As persoas con Trastorno do Espectro autista teñen perfís moi diferentes tal e como se vai poder ver nos documentos que enlazamos mais adiante.


CAMPAÑAS
Na actualidade existen moitas campañas para a visibilización deste trastorno. Compartimos algunhas das mais relevantes.

Nós tamén nos comprometemos. Con esta campaña
Premede nas imaxes para visualizar os vídeos.


 CampañaTEA

Pon a túa fiestra azul




Eu tamén podo traballar.

Unímonos a esta campaña: Puedo aprender. Puedo trabajar.

Fai unha foto da túa man cunha ferramenta.Compártea con nós e faremos unha presentación para conmemorar o día mundial das persoas con TEA.




Historias para contar aos nenos e nenas
Academia de especialistas




El viaje de María




Mon frere de la lune (Meu irmanciño da lúa)





Documentais e filmes para as familias

Laberinto autista






Película: Temple Grandín.
Dirixida por Mick Jackson
Reparto: Claire Danes, Julia Ormond, David Strathairn
Nacionalidade: EEUU.

Sinopse: A película trata sobre a vida de Temple Grandin, unha muller con TEA que chegou todo o máis alto da súa carreira como zoóloga e profesora de universidade. De pequena, Temple non conseguiu falar ate os catro anos e sempre mostrou patróns de conduta moi distintos aos dos nenos da súa idade. Durante unhas vacacións no rancho dos seus tíos, a adolescente empeza a sentir curiosidade polos animais, a quen dedicaría o resto dos seus esforzos e a súa vida. A nai de Temple serviu sempre de gran axuda e, apoiada polos profesores, deu á súa filla unha educación exemplar. 

Temple Grandín:
Aquí  queda a ligazón a unha intervención de Temple Grandín nunhas charlas TED en California.







Pautas de actuación para persoas con TEA en tempo de illamento

Documento extraído da web de Aspanaes.





Páxinas web
Para mais información podedes consultar nas seguintes webs:


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.