Mostrando entradas con la etiqueta Relaxación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relaxación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2020

Relaxación de Koeppen

A RELAXACIÓN DE KOEPPEN 
para nenas e nenos

Hoxe achegámosvos a relaxación de Koeppen para cativos.
É bastante divertida e pensamos que podedes tirarlle proveito na casa.


A continuación podedes ver as ligazóns a uns vídeos para aprender sobre este tipo de técnica.

Relaxación de Koeppen
Parte 1.



Parte 2

A relaxar


 Recursos para relaxarnos

A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes 
para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.



TABOLEIRO
Preparamos este taboleiro con ligazóns a diferentes materiais.
Tedes recursos para a relaxación, a respiración, música, o frasco da calma, 
ioga, mandalas...

Usade a barra de desplazamiento inferior para poder ver todo o taboleiro.


Hecho con Padlet




EMOCREA EN CASA
Adaptación dalgunhas actividades 
do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) 
para ser desenvoltas no contexto familiar.




Recopilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña 
para o acompañamento emocional.
 Dirixido ao profesorado e as familias.

Sesións de relaxación do programa RETO 
(Respecto, Empatía e Tolerancia)

Unha proposta interesante onde cada sesión vén acompañada dun conto.





Recopilatorio de recursos e técnicas de relaxación.

Compartido dende a páxina de: monicadiz.orienta.


lunes, 18 de mayo de 2020

A relaxarse

Imos relaxarnos
como unha ra


Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas e nenos con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade. 


Diferentes expertos din que a práctica diaria da relaxación presenta moitos beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:

  • Axuda a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración, o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
  • A relaxación serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
  • Tras unha actividade intelectual ou física máis ou menos intensa, a relaxación permite aos nenos e nenas acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración armoniosa para emprender a súa próxima actividade.
  • Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
  • Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
  • Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...


Por elo, aquí deixamos un recurso foi interesante para practicar a relaxación na casa. 
Son uns vídeos baseados no libro:
"Tranquilos y atentos como una rana"

Premede nas imaxes para poder velos.



Atento como unha ra



A ra


Atención á respiración


Exercicio do espagueti






O botón de pausa



Primeiros auxilios para sentimentos desagradables





Coma sempre
agardamos que podan resultar de utilidade!