lunes, 18 de mayo de 2020

A relaxarse

Imos relaxarnos
como unha ra


Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas e nenos con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade. 


Diferentes expertos din que a práctica diaria da relaxación presenta moitos beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:

  • Axuda a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración, o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
  • A relaxación serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
  • Tras unha actividade intelectual ou física máis ou menos intensa, a relaxación permite aos nenos e nenas acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración armoniosa para emprender a súa próxima actividade.
  • Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
  • Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
  • Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...


Por elo, aquí deixamos un recurso foi interesante para practicar a relaxación na casa. 
Son uns vídeos baseados no libro:
"Tranquilos y atentos como una rana"

Premede nas imaxes para poder velos.



Atento como unha ra



A ra


Atención á respiración


Exercicio do espagueti






O botón de pausa



Primeiros auxilios para sentimentos desagradables





Coma sempre
agardamos que podan resultar de utilidade!





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.