lunes, 18 de mayo de 2020

Autocontrol

Técnica da tartaruga

Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE


Que é a impulsividade?
A impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.






As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos. 

Algunhas características son as seguintes:
  • Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
  • Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
  • Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e  respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
  • No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
  • Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
  • Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.



Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?

  •  Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
  •  É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
  •  Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
  • Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)


Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:

-  En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.

-  Unha vez lido o conto ensínaselle  a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:


 Queixo no peito, 
mirada ao chan, 
brazos e puños pechados e en tensión, 
estirados ao longo do corpo. 

Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.

-  Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á  situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas  e alternativas para decidir cal é a máis correcta,  ante cada situación dada.



Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e 
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.





Unha imaxe que pode servirnos de ayuda

Fonte: www. Educapeques.com



Agardamos que poda ser útil!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.