Mostrando entradas con la etiqueta Educación emocional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Educación emocional. Mostrar todas las entradas

jueves, 11 de junio de 2020

Psicocuentos

Contos para as emocións

Compartimos con vós estos contos para mellorar o desenvolvemento emocional nos cativos e cativas. Trátase duna colección de contos da editorial Pirámide para poder ler ou escoitar online.

Neles tócanse temas coma:
  • As habilidades sociais
  • Os pesadelos
  • A depresión
  • O dó e a morte
  • As emocións negativas
  • As preocupación
  • A desobediencia
  • A enfermidade nos cativos e cativas





Premede na imaxe para acceder a eles.

jueves, 21 de mayo de 2020

Mais interativos de emocións

Emocións para todos e todas

Hoxe deixamos estos recursos interativos de emocións.
Están especialmente indicados para Educación Infantil e 1-2º de Educación Primaria.
Así como para alumnado con NEAE
Agardo que lle podades sacar rendemento.



Premede en cada unha das imaxes para poder xogar.
Recursos pertencentes á web de zcpsicologos.es



As emocións




A ruleta das emocións



Esfúmate



Cada ovella coa súa parella



E outro recursos interesante

Un mundo emocionante
Recurso de Educaixa para recoñecer mellor as emocións





Agardamos que sexa de utilidade!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Relaxación de Koeppen

A RELAXACIÓN DE KOEPPEN 
para nenas e nenos

Hoxe achegámosvos a relaxación de Koeppen para cativos.
É bastante divertida e pensamos que podedes tirarlle proveito na casa.


A continuación podedes ver as ligazóns a uns vídeos para aprender sobre este tipo de técnica.

Relaxación de Koeppen
Parte 1.



Parte 2

A relaxar


 Recursos para relaxarnos

A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes 
para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.



TABOLEIRO
Preparamos este taboleiro con ligazóns a diferentes materiais.
Tedes recursos para a relaxación, a respiración, música, o frasco da calma, 
ioga, mandalas...

Usade a barra de desplazamiento inferior para poder ver todo o taboleiro.


Hecho con Padlet




EMOCREA EN CASA
Adaptación dalgunhas actividades 
do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) 
para ser desenvoltas no contexto familiar.




Recopilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña 
para o acompañamento emocional.
 Dirixido ao profesorado e as familias.

Sesións de relaxación do programa RETO 
(Respecto, Empatía e Tolerancia)

Unha proposta interesante onde cada sesión vén acompañada dun conto.





Recopilatorio de recursos e técnicas de relaxación.

Compartido dende a páxina de: monicadiz.orienta.


lunes, 18 de mayo de 2020

A relaxarse

Imos relaxarnos
como unha ra


Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas e nenos con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade. 


Diferentes expertos din que a práctica diaria da relaxación presenta moitos beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:

  • Axuda a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración, o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
  • A relaxación serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
  • Tras unha actividade intelectual ou física máis ou menos intensa, a relaxación permite aos nenos e nenas acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración armoniosa para emprender a súa próxima actividade.
  • Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
  • Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
  • Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...


Por elo, aquí deixamos un recurso foi interesante para practicar a relaxación na casa. 
Son uns vídeos baseados no libro:
"Tranquilos y atentos como una rana"

Premede nas imaxes para poder velos.



Atento como unha ra



A ra


Atención á respiración


Exercicio do espagueti






O botón de pausa



Primeiros auxilios para sentimentos desagradables





Coma sempre
agardamos que podan resultar de utilidade!





Autocontrol

Técnica da tartaruga

Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE


Que é a impulsividade?
A impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.






As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos. 

Algunhas características son as seguintes:
  • Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
  • Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
  • Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e  respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
  • No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
  • Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
  • Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.



Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?

  •  Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
  •  É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
  •  Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
  • Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)


Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:

-  En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.

-  Unha vez lido o conto ensínaselle  a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:


 Queixo no peito, 
mirada ao chan, 
brazos e puños pechados e en tensión, 
estirados ao longo do corpo. 

Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.

-  Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á  situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas  e alternativas para decidir cal é a máis correcta,  ante cada situación dada.



Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e 
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.





Unha imaxe que pode servirnos de ayuda

Fonte: www. Educapeques.com



Agardamos que poda ser útil!

Oca

Xogo da Oca 
das 
emocións e autoconcepto


Deixámosvos un recurso interesante para xogar e aprender das emocións
Premede na imaxe para acceder a ela.

Recurso procedente da web de Orientación Andujar



jueves, 14 de mayo de 2020

Educación emocional e habilidades sociais

Recursos interactivos para a resolución de conflictos


A continuación compartimos uns recursos interactivos de Educaixa.
Moi interesante para mellorar as habilidades sociais, a resolución de conflictos e o comportamento en nenas e nenos.

Premede nas imaxes para velos.











Agardamos que vos podan resultar útiles!

martes, 12 de mayo de 2020

Emoción e sentimentos

Recursos interactivos para a educación emocional


Deixámosvos unhas lingazóns a uns recursos interactivos interesantes de Educaixa para traballar a educación emocional en nenas e nenas. 

Premede nas imaxes para poder visualizados.


Emocións básicas





Emocións agradables



Emocións perturbadoras



jueves, 7 de mayo de 2020

Desenvolvemento emocional

Cadernos para o desenvolvemento emocional en familia


Compartimos con vós uns recursos interactivos 
para o desenvolvemento emocional en familia. 
Ainda que está pensado para alumnado con Trastorno Grave de Conduta (TGC)
pode ser empregado por todas as nenas e nenos.


Este material foi elaborado por Ana Sánchez, 
membro do equipo de atención ao alumnado con 
Trastorno Grave de Conducta da Delegación de Educación de Granada.

Premede nas imaxes para poder visualizado.




Educación infantil





1º-2º Educación Primaria



3º-4º Educación Primaria



5º-6º Educación Primaria






Agardamos que sexan de utilidade!






miércoles, 29 de abril de 2020

Proposta

Expresámonos durante o confinamento

Deixámosvos unha proposta para realizar durante estos días de confinamento.

Dirixida a toda a comunidade educativa:
Papá, mamá, irmáns, irmás, avós, avóas, nenos/as, mestres/as, persoa administrativo...
Escribide, debuxade, facede un collage, expresádevos nun papel...
Exemplos:
Gustaríame...
Un desexo...
Cando remate o confinamento...

Sacade unha foto da vosa producción e mandádenola.

Premede na imaxe para ver en detalle.





Enviádenos as vosas aportacións a:

d.o.maria.barbeito@gmail.com

ou

A través dos titores/as.

Moitas grazas!!