jueves, 18 de junio de 2020

Remata o curso

Fin de curso


Tivemos un ano "diferente", 
con moitos cambios, incertidumes, 
preocupacións, esperanzas...

Agardamos que o próximo curso se poda levar con maior normalidade!





Se necesitades algo do Departamento de Orientación durante 
estos días podedes poñervos en contacto con nós a través do mail: d.o.maria.barbeito@gmail.com

Desfrutade do verán!



Escribimos unha revista no confinamento

Revista
Varios alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria 
colaboraron co Departamento realizando esta revista 
durante o confinamento.

Moitas grazas por participar!!!


martes, 16 de junio de 2020

Secundaria

Secundaria 
á volta das vacacións


Deixámosvos outra presentación sobre a ESO. 
Interesante para o alumnado de 6º EP que estados a piques de pasar ao IES.

Recurso tomado do blogue de Orientacionfdez


jueves, 11 de junio de 2020

Psicocuentos

Contos para as emocións

Compartimos con vós estos contos para mellorar o desenvolvemento emocional nos cativos e cativas. Trátase duna colección de contos da editorial Pirámide para poder ler ou escoitar online.

Neles tócanse temas coma:
  • As habilidades sociais
  • Os pesadelos
  • A depresión
  • O dó e a morte
  • As emocións negativas
  • As preocupación
  • A desobediencia
  • A enfermidade nos cativos e cativas





Premede na imaxe para acceder a eles.

miércoles, 10 de junio de 2020

Habilidades sociais

Aprendemos a relacionarnos 
cos demais


Ao longo da corentena un dos eidos mais afectado foi o emocional.
Esta parte emocional relaciónase tamén coas nosas relación sociais e coas habilidades sociais.

Que son as habilidades sociais? 
Podemos apréndelas?


Compartimos con vós este vídeo no que se explica que son as habilidades sociais e alguns exemplos 

Premede na imaxe para poder velo.





As persoas con Trastorno de Espectro do Autismo (TEA) debido ás suas características e necesidades precisan dun traballo máis específico neste ámbito.

Compartimos unha serie de recursos interesantes que poden ser de utilidade para mellorar nestes aspectos.


Trivial de conversas



Trivial de dobres sentidos



Trivial Sinto e regulo




Tedes mais recursos e ideas no blogue: 
elsonidodelahierbaalcrecer.blogspot.com

Habilidades sociais II

Habilidades sociais II

Aquí deixamos uns interesantes recursos para traballar 
as habilidades sociais nos nenos e nenas.

Premede nas imaxes para acceder a eles.




Programas de habilidades sociais. 
Educación en sentimentos.





Cadernos de habilidades sociais. 
Educación para a convivencia.

viernes, 5 de junio de 2020

Iniciación á lecto-escritura

Ideas para a 
iniciación á lecto-escritura.


Aquí deixamos un vídeo con ideas 
para a iniciación á lecto-escritura nas primeiras idades.

Agardamos que podan ser de utilidade.



Matemáticas

Xogamos coas matemáticas
Aprendemos co método ABN

Aquí vos deixamos unha aplicación para aprender e traballar as matemáticas dun xeito divertido co método ABN.
Premede na imane para acceder.

El rincón de Luca

jueves, 4 de junio de 2020

Alumnado que vai para a ESO



CONVALIDACIÓNS DE MATERIAS PARA O ALUMNADO
QUE ESTÁ A CURSAR
ENSINANZAS PROFESIONAIS DE MÚSICA OU DANZA


Para aquel alumnado que esté cursando Música ou Danza no Conservatorio Profesional 
pódese solicitar a convalidación 
da materia de Libre Configuración de 1º da ESO.




Premede a continuación para ver a información en detalle. 
Información tomada do blogue de Mónicadiz: Ver ligazón. 




Materias susceptibles de convalidación en 1º de ESO


Materia requerida das enseñanzas profesionais de Danza

Materia requerida das enseñanzas profesionais de Música


Materia de libre configuración




Proba de acceso a calquier curso de Danza


Proba de acceso a calquier curso de Música



A solicitude da convalidación poderás solicitala durante o mes de setembro e será necesario entregar a documentación que acredite os requisitos da validación.


Elección en 1º da ESO

No IES Agra II

Segundo nos comentan desde o 
Departamento de Orientación do IES Agra II 
as posibles opcións que vai ter que elixir o alumnado en 1º da ESO son:


  • Relixión ou Valores.
  • A materia de libre configuración que se imparte é CUE (Cultura da Unión Europea). Neste caso a elección é facela bilingüe (en Francés) ou non bilingüe.
  • A primeira lingua extranxeira é Inglés para todos/as e a segunda Francés. En Bacharelato tamén se oferta portugués.


Se tedes algunha dúbida ao respecto podedes poñervos en contacto con nós.

miércoles, 3 de junio de 2020

Imos para Secundaria.

Elixindo optativas en 1º da ESO


O alumnado de 6º de EP está a piques de matricularse no instituto.
Son intres de moitas dúbidas. 
Unha das mais frecuentes relaciónase coas materias de Libre Configuración.



Materia de libre configuración

Teredes unha sesión semanal dunha materia que o centro pode configurar libremente. 
O IES poderá organizar o horario de diferentes formas, adicándoo a:

  • 1 h semanal de profundización dalgunha das materias de 1º de ESO.
  • 1 h semanal de reforzo dalgunha das materias de 1º de ESO.
  • Unha materia de libre configuración propia do centro.
  • Unha materia de libre configuración autonómica a elixir entre as seguintes. Se precedes no nome de cada materia podedes ver o seu diseño curricular





Deixámosvos esta presentación realizada por Mónica Diz na que se recoge información das materias de libre configuración que pode ser que teñades que elixir no centro no que vos matriculedes.


Vía: monicadizorienta.blogspot.com



Desconfinamento


Voltando á normalidade

Despois de moitas semanas confinados e con gañas de que rematara a situación imos saindo con maior normalidade. Porén algunhas personas de todas as idades están a presentar certas dificultades para afrontar esta nova realidade.

Achegámosvos dous documentos do 
Colexio Oficial de Psicologia de Madrid 
que poden ser de utilidade ante esta situación.


Premede nas imaxes para acceder á información.






Recomendacións para a saída do confinamiento con  nenos, nenas e adolescentes

Este documento inclue pautas para as saídas á rúa dos menores de 14 anos e as posibles dificultades que poidan xurdir ante ese feito: non querer saír, evitar usar as luvas e as mascarillas, sentir medo ao contaxio ...




Guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desconfinamento.
Agora que?

Recóllense posibles consecuencias psicolóxicas que se poden dar ante o desconfinamento así como recomendacións e estratexias para afrontar a nova situación.



Agardamos que vos resulten de utilidade.