miércoles, 3 de junio de 2020

Desconfinamento


Voltando á normalidade

Despois de moitas semanas confinados e con gañas de que rematara a situación imos saindo con maior normalidade. Porén algunhas personas de todas as idades están a presentar certas dificultades para afrontar esta nova realidade.

Achegámosvos dous documentos do 
Colexio Oficial de Psicologia de Madrid 
que poden ser de utilidade ante esta situación.


Premede nas imaxes para acceder á información.






Recomendacións para a saída do confinamiento con  nenos, nenas e adolescentes

Este documento inclue pautas para as saídas á rúa dos menores de 14 anos e as posibles dificultades que poidan xurdir ante ese feito: non querer saír, evitar usar as luvas e as mascarillas, sentir medo ao contaxio ...




Guía para un afrontamento psicolóxico eficaz do proceso de desconfinamento.
Agora que?

Recóllense posibles consecuencias psicolóxicas que se poden dar ante o desconfinamento así como recomendacións e estratexias para afrontar a nova situación.



Agardamos que vos resulten de utilidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.