Mostrando entradas con la etiqueta TEA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEA. Mostrar todas las entradas

miércoles, 10 de junio de 2020

Habilidades sociais

Aprendemos a relacionarnos 
cos demais


Ao longo da corentena un dos eidos mais afectado foi o emocional.
Esta parte emocional relaciónase tamén coas nosas relación sociais e coas habilidades sociais.

Que son as habilidades sociais? 
Podemos apréndelas?


Compartimos con vós este vídeo no que se explica que son as habilidades sociais e alguns exemplos 

Premede na imaxe para poder velo.





As persoas con Trastorno de Espectro do Autismo (TEA) debido ás suas características e necesidades precisan dun traballo máis específico neste ámbito.

Compartimos unha serie de recursos interesantes que poden ser de utilidade para mellorar nestes aspectos.


Trivial de conversas



Trivial de dobres sentidos



Trivial Sinto e regulo




Tedes mais recursos e ideas no blogue: 
elsonidodelahierbaalcrecer.blogspot.com

Habilidades sociais II

Habilidades sociais II

Aquí deixamos uns interesantes recursos para traballar 
as habilidades sociais nos nenos e nenas.

Premede nas imaxes para acceder a eles.




Programas de habilidades sociais. 
Educación en sentimentos.





Cadernos de habilidades sociais. 
Educación para a convivencia.

miércoles, 6 de mayo de 2020

TEA consellos

Recomendacións a ter en conta coas persoas con Trastorno de Espectro do Autismo (TEA)

Deixámosvos unhas ideas propostas dende Autismo Galicia a ter en conta nestes tempos.


Premede nas imaxes para poder velas.


Tempo na casa con persoas con TEA



Ansiedade e estrés. 
Como afrontalos?

O sono e as persoas con TEA



Agardamos que sexan de utilidade!

martes, 31 de marzo de 2020

2 de abril


#DÍAMUNDIALAUTISMO

O próximo xoves, 2 de abril, conmemorase o Día Mundial do autismo.

O DSM-5 sitúa o trastorno do espectro do autismo entre os trastornos do neurodesenvolvemento, que ten como características principais:
a) Deterioración persistente da comunicación social recíproca e da interacción social.
b) Patróns de conduta, intereses ou actividades restritivos e repetitivos. Indica tamén que “eses síntomas están presentes desde a primeira infancia e limitan ou impiden o funcionamento cotián”.

Para consultar mais sobre este trastorno podedes premer no Protocolo de atención ao alumnado con TEA que temos no blog.





As persoas con Trastorno do Espectro autista teñen perfís moi diferentes tal e como se vai poder ver nos documentos que enlazamos mais adiante.


CAMPAÑAS
Na actualidade existen moitas campañas para a visibilización deste trastorno. Compartimos algunhas das mais relevantes.

Nós tamén nos comprometemos. Con esta campaña
Premede nas imaxes para visualizar os vídeos.


 CampañaTEA

Pon a túa fiestra azul




Eu tamén podo traballar.

Unímonos a esta campaña: Puedo aprender. Puedo trabajar.

Fai unha foto da túa man cunha ferramenta.Compártea con nós e faremos unha presentación para conmemorar o día mundial das persoas con TEA.




Historias para contar aos nenos e nenas
Academia de especialistas




El viaje de María




Mon frere de la lune (Meu irmanciño da lúa)





Documentais e filmes para as familias

Laberinto autista






Película: Temple Grandín.
Dirixida por Mick Jackson
Reparto: Claire Danes, Julia Ormond, David Strathairn
Nacionalidade: EEUU.

Sinopse: A película trata sobre a vida de Temple Grandin, unha muller con TEA que chegou todo o máis alto da súa carreira como zoóloga e profesora de universidade. De pequena, Temple non conseguiu falar ate os catro anos e sempre mostrou patróns de conduta moi distintos aos dos nenos da súa idade. Durante unhas vacacións no rancho dos seus tíos, a adolescente empeza a sentir curiosidade polos animais, a quen dedicaría o resto dos seus esforzos e a súa vida. A nai de Temple serviu sempre de gran axuda e, apoiada polos profesores, deu á súa filla unha educación exemplar. 

Temple Grandín:
Aquí  queda a ligazón a unha intervención de Temple Grandín nunhas charlas TED en California.







Pautas de actuación para persoas con TEA en tempo de illamento

Documento extraído da web de Aspanaes.





Páxinas web
Para mais información podedes consultar nas seguintes webs:


Protocolo TEA


Protocolo de tratamento educativo do alumnado con trastorno de espectro autista (TEA)


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou no ano 2016 un protocolo no que se establecen pautas para a atención e intervención ao alumnado con Trastorno de Espectro Autista (TEA).

Dado que o próximo xoves 2 de abril é o día mundial das persoas con Trastorno de Espectro do Autismo aproveitamos para lembrar este documento

Premendo na imaxe podedes acceder a el.

 Protocolo TEA





miércoles, 25 de marzo de 2020

#estadodealarmatea

INSTRUCIÓN 19 DE MARZO DE 2020

O 19 de marzo de 2020 o Ministerio de Sanidade publicou unha instrución que permite ás persoas con discapacidade circular polas vías de uso público, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Nesta instrucción podemos incluir a aquelas persoas que teñan alteracións condutuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un a compañante

Por favor, rogamos COMPRENSIÓN E RESPECTO.

Aínda que a norma non establece nada ao respecto, Autismo España recomenda para xustificar esa necesidade que a persoa leve consigo esta documentación:
·         Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade, no caso de tela recoñecida.
·         Prescripción de profesionais sanitarios ou sociais, no caso de dispor del.
·         Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020. Acceso aquí.
·         Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades condutuais, no caso de dispor deles.

Imaxes tomadas da páxina web da Confederación Autismo España.






Prema a continuación para poder ler as instruccións do SERGAS.