miércoles, 25 de marzo de 2020

#estadodealarmatea

INSTRUCIÓN 19 DE MARZO DE 2020

O 19 de marzo de 2020 o Ministerio de Sanidade publicou unha instrución que permite ás persoas con discapacidade circular polas vías de uso público, sempre e cando se respecten as medidas necesarias para evitar o contaxio.

Nesta instrucción podemos incluir a aquelas persoas que teñan alteracións condutuais, como por exemplo persoas con diagnóstico de espectro autista e condutas disruptivas, o cal se vexa agravado pola situación de confinamento derivada da declaración do estado de alarma, e a un a compañante

Por favor, rogamos COMPRENSIÓN E RESPECTO.

Aínda que a norma non establece nada ao respecto, Autismo España recomenda para xustificar esa necesidade que a persoa leve consigo esta documentación:
·         Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade, no caso de tela recoñecida.
·         Prescripción de profesionais sanitarios ou sociais, no caso de dispor del.
·         Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020. Acceso aquí.
·         Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades condutuais, no caso de dispor deles.

Imaxes tomadas da páxina web da Confederación Autismo España.






Prema a continuación para poder ler as instruccións do SERGAS.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.