miércoles, 25 de marzo de 2020

Canais educativos


En tempos de COVID-19

Estos días póñense en marcha diferentes iniciativas por parte das canles televisivas para así completar as tarefas que se mandan dende os centros educativos.
Para os mais pequenos da casa TVE pon en marcha EduClan. Trátase dunha ferramenta con contidos educativos de Lengua, Matemáticas, Ciencias Naturais e Sociais, Idiomas, Educación Física…


Aquí vos deixamos ligazóns:




Na TVE temos “Aprendemos na casa”
Cos seguintes horarios e contidos:



En BOING



Dispoñemos dun programa centrado na aprendizaxe en inglés. O programa “Real Mom", presentado por Tania Llasera de luns a venres ás 13.25.
Este programa inclue xogos didáctivos, receitas, manualidades, e coreografías.


Na TVG


Na TVG2 emítese un bloque educativo de luns a venres de 11:00 a 13:00 h. 

Entre os contidos podemos destacar:

“Aquelando tamén quedamos na casa” (versión do programa “Aquelando”), para que as nenas e nenos aprendan dun modo entretido con explicacións, trucos, experimentos…

Ademais, os pequenos poderán desfrutar das clásicas series de animación coma:

Era unha vez… o home”,“Era unha vez… os exploradores” e o programa “Criaturas” relacionado con mundo natural e os animais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.