jueves, 28 de mayo de 2020

Imos para a ESO



Achegámonos a Secundaria


Estamos a piques de rematar o curso e o alumnado de 
6º de Educación Primaria 
vai dar o salto a Secundaria.



Aquí vos deixamos unha moi interesante presentación realizada 
pola Orientadora do IES da Sardiñeira: Mónica Diz.
É un recurso pensado para o seu centro pero 
que pode ser de utilidade e guía xeral.





Tamén deixamos ligazóns a un documento 
do Ministerio con 
información sobre a ESO







Itinerarios do Sistema Educativo



Se tendes calquer dúbida podedes contactar con nós no mail do Departamento de Orientación e tentaremos axudar a solventarla.


Agardamos que sexa de utilidade!

Mellorando a atención

Ideas e recursos para mellorar a atención
Aquí vos deixamos ligazóns a algunhas webs con material de interese para traballar e mellorar a atención nos nenas e nenas.

Premede nas imaxes para poder acceder aos recursos

Recopilatorio de fichas para a atención



Fichas interactivas para mellorar a atención



Sinala o animal diferente.



Tacha ao intruso en 3 niveis



Un día na neve. Lámina interativa



Láminas atencionais


Busca e atopa


Pautas e actividades para mellorar a atención. 
De Orientación Andujar.




Pautas e actividades 
propostas dende o blog de AulaPT






Agardamos que podan resultar de axuda!

lunes, 25 de mayo de 2020

Adicción ás pantallas

Adiccións

Hoxe deixámosvos un vídeo moi interesante para as familias en relación 
a adicción ás pantallas e as graves repercusión que están tendo
  no desenvolvemento dos nenos e nenas.


Premede na imaxe para poder visualizarlo.






Documental: La noche temática: Adicción a las pantallas


Ciencia divertida

Experimentos para os días de escola a distancia


Atopamos este interesante recurso proposto polo alumnado de Maxisterio da Universidade de Salamanca para o alumnado de Primaria.

Trátase de dous libros con receitas científicas sinxelas coas que poderemos aprender gran cantidade de experimentos e pasar un rato agradable de manera diferente.

Agardamos que vos gusten!




Colección de experimentos interesantes de 1º a 3º de Educación Primaria 



Libro con experimentos de 4º a 6º de Educación Primaria




w

jueves, 21 de mayo de 2020

Mais interativos de emocións

Emocións para todos e todas

Hoxe deixamos estos recursos interativos de emocións.
Están especialmente indicados para Educación Infantil e 1-2º de Educación Primaria.
Así como para alumnado con NEAE
Agardo que lle podades sacar rendemento.



Premede en cada unha das imaxes para poder xogar.
Recursos pertencentes á web de zcpsicologos.es



As emocións




A ruleta das emocións



Esfúmate



Cada ovella coa súa parella



E outro recursos interesante

Un mundo emocionante
Recurso de Educaixa para recoñecer mellor as emocións





Agardamos que sexa de utilidade!

miércoles, 20 de mayo de 2020

Relaxación de Koeppen

A RELAXACIÓN DE KOEPPEN 
para nenas e nenos

Hoxe achegámosvos a relaxación de Koeppen para cativos.
É bastante divertida e pensamos que podedes tirarlle proveito na casa.


A continuación podedes ver as ligazóns a uns vídeos para aprender sobre este tipo de técnica.

Relaxación de Koeppen
Parte 1.



Parte 2

A relaxar


 Recursos para relaxarnos

A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes 
para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.



TABOLEIRO
Preparamos este taboleiro con ligazóns a diferentes materiais.
Tedes recursos para a relaxación, a respiración, música, o frasco da calma, 
ioga, mandalas...

Usade a barra de desplazamiento inferior para poder ver todo o taboleiro.


Hecho con Padlet




EMOCREA EN CASA
Adaptación dalgunhas actividades 
do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) 
para ser desenvoltas no contexto familiar.




Recopilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña 
para o acompañamento emocional.
 Dirixido ao profesorado e as familias.

Sesións de relaxación do programa RETO 
(Respecto, Empatía e Tolerancia)

Unha proposta interesante onde cada sesión vén acompañada dun conto.





Recopilatorio de recursos e técnicas de relaxación.

Compartido dende a páxina de: monicadiz.orienta.


martes, 19 de mayo de 2020

Conciencia fonolóxica


Mellorando na lecto-escritura

Unha boa conciencia fonológica resulta fundamental para 
un correcto aprendizaxe da lecto-escritura.
Deixámosvos uns recurso interactivos para mellorar a
 conciencia fonolóxica en educación infantil e primaria.




Aquí sedes unhas fichas interactivas con autocorreción 
para poder facelas no ordenador ou tablet.





Tomado da páxina de Liveworksheets




Outra actividade interesante tomada
 da páxina de Orientación Andujar





Interesante vídeo-xogo da mestra de 
Audición e Linguaxe Eugenia Romero






Recopilatorio de xogos para mellorar a conciencia fonológica.
Realizados por Eugenia Romero







Xogos de prelectura e 
conciencia fonolóxica tomados da web de AulaPT




lunes, 18 de mayo de 2020

A relaxarse

Imos relaxarnos
como unha ra


Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas e nenos con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade. 


Diferentes expertos din que a práctica diaria da relaxación presenta moitos beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:

  • Axuda a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración, o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
  • A relaxación serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
  • Tras unha actividade intelectual ou física máis ou menos intensa, a relaxación permite aos nenos e nenas acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración armoniosa para emprender a súa próxima actividade.
  • Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
  • Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
  • Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...


Por elo, aquí deixamos un recurso foi interesante para practicar a relaxación na casa. 
Son uns vídeos baseados no libro:
"Tranquilos y atentos como una rana"

Premede nas imaxes para poder velos.



Atento como unha ra



A ra


Atención á respiración


Exercicio do espagueti






O botón de pausa



Primeiros auxilios para sentimentos desagradables





Coma sempre
agardamos que podan resultar de utilidade!





Autocontrol

Técnica da tartaruga

Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE


Que é a impulsividade?
A impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.






As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos. 

Algunhas características son as seguintes:
  • Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
  • Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
  • Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e  respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
  • No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
  • Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
  • Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.



Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?

  •  Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
  •  É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
  •  Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
  • Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)


Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:

-  En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.

-  Unha vez lido o conto ensínaselle  a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:


 Queixo no peito, 
mirada ao chan, 
brazos e puños pechados e en tensión, 
estirados ao longo do corpo. 

Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.

-  Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á  situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas  e alternativas para decidir cal é a máis correcta,  ante cada situación dada.



Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e 
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.





Unha imaxe que pode servirnos de ayuda

Fonte: www. Educapeques.com



Agardamos que poda ser útil!

Oca

Xogo da Oca 
das 
emocións e autoconcepto


Deixámosvos un recurso interesante para xogar e aprender das emocións
Premede na imaxe para acceder a ela.

Recurso procedente da web de Orientación Andujar



jueves, 14 de mayo de 2020

Educación emocional e habilidades sociais

Recursos interactivos para a resolución de conflictos


A continuación compartimos uns recursos interactivos de Educaixa.
Moi interesante para mellorar as habilidades sociais, a resolución de conflictos e o comportamento en nenas e nenos.

Premede nas imaxes para velos.











Agardamos que vos podan resultar útiles!

Táboas

A multiplicar

Hoxe deixamos algúns recursos interactivos para traballar 
coas matemáticas e as táboas de multiplicar.

Premede nas imaxes para acceder.



Páxina: 
www.tablasdemultiplicar.com




Mundo primaria



Matecitos

Vedoques. Tablas de multiplicar



Matemáticas submarinas

Cofre do tesouro



My smart horse. Táboas



Galería de tiro


Happy burguer


Grobos


Memory de táboas de multiplicar

Meteor multiplication



Agardamos que lle podades sacar proveito!