Mostrando entradas con la etiqueta conduta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta conduta. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2020

A relaxar


 Recursos para relaxarnos

A continuación propoñémosvos uns recursos interesantes 
para traballar a calma e relaxación na casa coas nenas e nenos.



TABOLEIRO
Preparamos este taboleiro con ligazóns a diferentes materiais.
Tedes recursos para a relaxación, a respiración, música, o frasco da calma, 
ioga, mandalas...

Usade a barra de desplazamiento inferior para poder ver todo o taboleiro.


Hecho con Padlet




EMOCREA EN CASA
Adaptación dalgunhas actividades 
do libro "EducaEMOción" (Santillana 2018) 
para ser desenvoltas no contexto familiar.




Recopilatorio de recursos elaborado polo CFR da Coruña 
para o acompañamento emocional.
 Dirixido ao profesorado e as familias.

Sesións de relaxación do programa RETO 
(Respecto, Empatía e Tolerancia)

Unha proposta interesante onde cada sesión vén acompañada dun conto.





Recopilatorio de recursos e técnicas de relaxación.

Compartido dende a páxina de: monicadiz.orienta.


lunes, 18 de mayo de 2020

A relaxarse

Imos relaxarnos
como unha ra


Vivimos nunha sociedade que normalmente vai moi rápido e arrastramos a nenas e nenos con este ritmo. Os nenos necesitan xogar e moverse, pero tamén necesitan intres para acougarse e relaxarse. Para iso existe xogos de relaxación, os cales fomentan a tranquilidade, diminúen a tensión e a ansiedade. 


Diferentes expertos din que a práctica diaria da relaxación presenta moitos beneficios para o noso organismo. Algúns exemplos son:

  • Axuda a aumentar a confianza nun mesmo, a memoria e a concentración, o cal permite mellorar a calidade da aprendizaxe.
  • A relaxación serve para distender o organismo e diminuír a tensión muscular e mental.
  • Tras unha actividade intelectual ou física máis ou menos intensa, a relaxación permite aos nenos e nenas acabar cun estado de benestar, tranquilidade e de concentración armoniosa para emprender a súa próxima actividade.
  • Canaliza as enerxías e produce un benestar global.
  • Axuda a enriquecer a sensibilidade e mellorar a calidade de sono.
  • Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade, os ataques de pánico...


Por elo, aquí deixamos un recurso foi interesante para practicar a relaxación na casa. 
Son uns vídeos baseados no libro:
"Tranquilos y atentos como una rana"

Premede nas imaxes para poder velos.



Atento como unha ra



A ra


Atención á respiración


Exercicio do espagueti






O botón de pausa



Primeiros auxilios para sentimentos desagradables





Coma sempre
agardamos que podan resultar de utilidade!





Autocontrol

Técnica da tartaruga

Unha estratéxia para aprender a controlar a IMPULSIVIDADE


Que é a impulsividade?
A impulsividade defínese como a tendencia a actuar sen pensar. Os nenos e nenas impulsivos acostuman a ter dificultades para pensar nas consecuencias dos seus actos.






As manifestacións de impulsividade poden ser moi distintas dun neno a outro e, ademais, varían ao longo dos anos. 

Algunhas características son as seguintes:
  • Nos primeiros anos na escola poden manifestar dificultades para solucionar conflitos cos compañeiros e compañeiras, tendendo a pegar ou berrar.
  • Acostuman a ter accidentes por condutas de risco.
  • Mostras dificultades nas habilidades de conversación: falando sen respectar as quendas e  respondendo antes de que o outro termine a pregunta.
  • No xogo tamén presentan dificultades para esperar a quenda e seguir as regras.
  • Terminan os traballos de clase moi rápido e con mala presentación.
  • Necesitan a gratificación inmediata e non toleran ben a frustración.



Que poden facer as familias para axudar aos nenos e nenas a controlar a impulsividade?

  •  Podémoslle axudar a aprender estratexias de autocontrol pero sempre desde un punto de vista realista, expóndolle retos que poida conseguir.
  •  É moi importante axudarlles a reflexionar sobre as consecuencias, dialogando con eles sobre o que pode pasar en situacións onde se mostran impulsivos.
  •  Practicar co exemplo, debemos falar sen perder a calma, se estamos moi enfadados mellor esperar para poder falar con eles sen berrar e con tranquilidade.
  • Reforzar positivamente aquelas condutas que sabemos que a eles lles custa (Por exemplo: cando leva un ataco concentrado nunha tarefa, cando solucionou verbalmente un conflito...)


Que é a técnica da tartaruga?
É unha ferramenta de modificación de conduta baseada no autocontrol, dirixida a nenos que carecen de habilidade para xestionar o fracaso, aos que a frustración lles producen rabietas, que pegan a outros, insúltanlles, amólalles e sofren innecesariamente pola súa falta de habilidade para controlar os seus impulsos. É unha técnica de gran utilidade para nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Como facemos?
Con esta técnica preténdese que o neno/a imite a posición da tartaruga e se repregamento dentro dun caparazón imaxinario, ante unha situación na que non poida controlar os seus impulsos e emocións. Para iso:

-  En primeiro lugar débese explicar o conto da tartaruga de modo que o neno ou nena se identifique co personaxe principal.

-  Unha vez lido o conto ensínaselle  a responder á palabra crave "stop", ante unha situación estresante, introducindo o seu corpo no seu caparazón imaxinario:


 Queixo no peito, 
mirada ao chan, 
brazos e puños pechados e en tensión, 
estirados ao longo do corpo. 

Unha vez aprendido a responder ante esta palabra, ensínaselle a relaxar os seus músculos á vez que fai a tartaruga, xa que a relaxación é incompatible cos comportamentos agresivos, co obxectivo de diferenciar entre as condutas apropiadas das inapropiadas.

-  Por último, ensínanselle técnicas de resolución de problemas para responder á  situación que lle levou a realizar esta técnica. Primeiro defínese o problema e posteriormente, búscanse respostas  e alternativas para decidir cal é a máis correcta,  ante cada situación dada.



Aquí vos deixamos unhas ligazóns con vídeos e 
recursos para poder empregar esta técnica da tartaruga.





Unha imaxe que pode servirnos de ayuda

Fonte: www. Educapeques.com



Agardamos que poda ser útil!

jueves, 14 de mayo de 2020

Educación emocional e habilidades sociais

Recursos interactivos para a resolución de conflictos


A continuación compartimos uns recursos interactivos de Educaixa.
Moi interesante para mellorar as habilidades sociais, a resolución de conflictos e o comportamento en nenas e nenos.

Premede nas imaxes para velos.











Agardamos que vos podan resultar útiles!

jueves, 7 de mayo de 2020

TDAH

Trastorno por déficit de atención e/ou hiperactividade

Aquí vos deixamos algúns recursos de interese en relación ao TDAH.


Protocolo de consenso sobre TDAH na 
infancia e na adolescencia nos ámbitos educativos e sanitarios. 
Xunta de Galicia






Guía de actuación na escola ante alumnado con TDAH





TDAH. Guía práctica para pais (familias)






Vídeo coa historia do TDAH 
no que se expone chaves do desenvolvemento neurolóxico
das personas con TDAH e as súas características.
Elaborado pola Fundación CADAH 
(Fundación Cantabria de Ayuda al Déficit de Atención e Hiperactividad)



Vídeo que axuda a comprender mello o TDAH


Vídeo
"Querido profesor". 
Corto no que os nenos e nenas como protagonistas 
transmiten algunas ideas importantes en relación ao TDAH



Vídeo no que persoas con TDAH falan 
sobre aspectos de interese sobre a súa vida.
Eso no se pregunta: TDAH. Telemadrid





Algunhas ligazóns de interese:
www.anhida.es
www.anhidacoruna.es
www.tdahytu.es