Elixindo optativas en 1º da ESO
O alumnado de 6º de EP está a piques de matricularse no instituto.
Son intres de moitas dúbidas.
Unha das mais frecuentes relaciónase coas materias de Libre Configuración.
Materia de libre configuración
Teredes unha sesión semanal dunha materia que o centro pode configurar libremente.
O IES poderá organizar o horario de diferentes formas, adicándoo a:
- 1 h semanal de profundización dalgunha das materias de 1º de ESO.
- 1 h semanal de reforzo dalgunha das materias de 1º de ESO.
- Unha materia de libre configuración propia do centro.
- Unha materia de libre configuración autonómica a elixir entre as seguintes. Se precedes no nome de cada materia podedes ver o seu diseño curricular
- Educación Financeira
- Investigación e Tratamento da Información
- Oratoria
- Paisaxe e Sustentabilidade
- Programación
- Promoción de Estilos de Vida Saudables
- Xadrez
- Igualdade de Xénero
- Obradoiro de Música
- Consumo responsable
- Identidade dixital
- Mobilidade escolar sostenible e segura
- Valores democráticos europeos
Deixámosvos esta presentación realizada por Mónica Diz na que se recoge información das materias de libre configuración que pode ser que teñades que elixir no centro no que vos matriculedes.
Vía: monicadizorienta.blogspot.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.