lunes, 23 de marzo de 2020

21 de marzo. Día Mundial da Sindrome de Down


21 de marzo
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O pasado sábado, 21 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Síndrome de Down.

Existen diferentes campañas que tentan concienciar e apostar pola inclusión e a diversidade. Deste xeito destacan o valor da diferenza coa intención de visibilizar a idea de que cada persoa é diferente. A diversidade nos enriquece e fai medrar como seres humáns.


QUE É A SÍNDROME DE DOWN?
Aquí vos deixamos un vídeo para explicarle aos nenos e nenas en que consiste. Premede na imaxe para poder velo.






Imaxe tomada de Tedi1419. Vanguardia en Síndrome de Down. En Youtube.


Campaña 2020.Los verdaderos Influencers
Down España lanza con motivo do Día mundial das persoas con Síndrome de Down a campaña "Los verdaderos influencers", que explica como influén de maneira moi positiva na súa contorna mais próxima as persoas coa Síndrome de Down, cambiando a forma de ver a vida das persoas que lles rodean. Podedes premer nas imaxes para ver os vídeos.






Imaxes tomadas das campañas de Down España en Youtube.

Querida mamá
Vídeo para conmemorar o día mundial das persoas con Síndrome de Down.






CAMPAÑAS.  
Calcetíns desparellados:
Tal e como se recolle na web de DownGalicia,
"Esta iniciativa ten a súa orixe no Reino Unido, onde Chloe Lennon, unha nena británica de 5 anos, publicou en 2018 un vídeo en redes sociais pedindo que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. A súa proposta traspasou fronteiras e foi compartida por máis de 700.000 persoas".







Como debemos tratar ás persoas con Síndrome de Down ou discapacidade.
 Guía de estilo.








Deixámosvos tamén uns contos para falar da diversidade.

Por cuatro esquinitas de nada. Unha historia que fala da aceptación, a superación e a autoestima.







El cazo de Lorenzo. Conto metafórico que lle achega a diferenza ás nenas e nenos.








Para máis información podedes consultar nestas webs:
Web de Down Galicia.
Web de Down España

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.