miércoles, 25 de marzo de 2020

Teléfono social

Compartimos con vós este teléfono por se alguén o chega a necesitar nesta situación que estamos a pasar.


900 400 800

Teléfono social de acompañamento e apoio á cidadanía ante o coronavirus para:
✔️Persoas que necesiten apoio psicolóxico.
✔️Persoas para ofrecerse voluntarias que deberán cubrir o formulario na seguinte ligazón👉 bit.ly/3bojlDZ
✔️Persoas que chamen para informar sobre posibles casos de especial vulnerabilidade e emerxencia social.
✔️Tamén se resolverán dúbidas básicas relacionadas co COVID-19.
Se o precisas, chama!





martes, 24 de marzo de 2020

#QUEDANACASA


RECOMPILACIÓN DE RECURSOS en tempos de coronavirus.
A continuación compartimos unha serie de recursos que poden ser de utilidade para poder compartir coas nosas nenas e nenos. Preme nas imaxes para poder acceder a eles.

Covibook. Libro que serve para explicarlles a nenas e nenos o que é o Coronavirus.


Misión: Quedarse en casa. Conto sobre a importancia de quedar na casa durante estos días. 

 Coronavirus no es un principe (ni una princesa). Outro conto que lles explica aos nenos e nenas o que é o Coronavirus.



Así es la vida. 



Rosa contra el virus.




El escudo protector contra el Rey Virus
El virus con corona


Dez consellos para as familias
 

Para as familias das persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA)












  




Aulas Galegas. 
 Portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 procuran ofrecer unha axuda educativa á sociedade.

Profes na casa.


 Jose aprende. Las manos de Jose. Contos apoiados con pictogramas. (Tamén hai App)
Orientacións psicoloxicas para o confinamento 
 

Pautas para o acompañamento na comunidade educativa polo EOE A Coruña

Dende o Equipo de Orientación Específico provincial de A Coruñafannos chegar aoss centros un documento que recolle pautas de acompañamento na comunidade educativa, dirixidas tanto a docentes, coma orientadores/as e equipos directivos. Podedes premer na imaxe para visualizalo.


#euquedonacasa


#euquedonacasa

Guías de axuda para afrontar a crise do coronavirus

Estamos nun intre non que é necesaria a orientación online. Por este motivo compartimos algún materiais de interese que se están a difundir e poden axudarnos nesta situación nas que nos atopamos.

Preme na imaxe para poder visualízalo.

Preme na imaxe para poder visualízalo.




Preme na imaxe para poder visualízalo.




 
  
ACTUALIZACIÓN DO BOE 
(Ampliación das restriccións de circulación por coronavirus para determinadas personas con discapacidade, autismo ou alteracións conductuais)





Preme na imaxe para poder visualizalo.








lunes, 23 de marzo de 2020

21 de marzo. Día Mundial da Sindrome de Down


21 de marzo
DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

O pasado sábado, 21 de marzo, conmemorouse o Día Mundial da Síndrome de Down.

Existen diferentes campañas que tentan concienciar e apostar pola inclusión e a diversidade. Deste xeito destacan o valor da diferenza coa intención de visibilizar a idea de que cada persoa é diferente. A diversidade nos enriquece e fai medrar como seres humáns.


QUE É A SÍNDROME DE DOWN?
Aquí vos deixamos un vídeo para explicarle aos nenos e nenas en que consiste. Premede na imaxe para poder velo.






Imaxe tomada de Tedi1419. Vanguardia en Síndrome de Down. En Youtube.


Campaña 2020.Los verdaderos Influencers
Down España lanza con motivo do Día mundial das persoas con Síndrome de Down a campaña "Los verdaderos influencers", que explica como influén de maneira moi positiva na súa contorna mais próxima as persoas coa Síndrome de Down, cambiando a forma de ver a vida das persoas que lles rodean. Podedes premer nas imaxes para ver os vídeos.






Imaxes tomadas das campañas de Down España en Youtube.

Querida mamá
Vídeo para conmemorar o día mundial das persoas con Síndrome de Down.






CAMPAÑAS.  
Calcetíns desparellados:
Tal e como se recolle na web de DownGalicia,
"Esta iniciativa ten a súa orixe no Reino Unido, onde Chloe Lennon, unha nena británica de 5 anos, publicou en 2018 un vídeo en redes sociais pedindo que, para conmemorar este día, todas as persoas levasen calcetíns distintos en cada pé. A súa proposta traspasou fronteiras e foi compartida por máis de 700.000 persoas".







Como debemos tratar ás persoas con Síndrome de Down ou discapacidade.
 Guía de estilo.








Deixámosvos tamén uns contos para falar da diversidade.

Por cuatro esquinitas de nada. Unha historia que fala da aceptación, a superación e a autoestima.







El cazo de Lorenzo. Conto metafórico que lle achega a diferenza ás nenas e nenos.








Para máis información podedes consultar nestas webs:
Web de Down Galicia.
Web de Down España

Guía sobre a depresión na infancia e a adolescencia

Neste documento dirixido a familiares, pacientes e pesoas interesadas atoparemos información e pautas para identificala e tratala. Útil tamén para o profesorado.




Esta guía forma parte da Guía de Práctica Clínica sobre a Depresión Maior na Infancia e na Adolescencia, elaborada en 2009 por un grupo de traballo dentro do  Plan de Calidade para o Sistema Nacional de Saúde.



Protocolo para Protocolo para a intervención psicoeducativa na dislexia e outras necesidades específicas de aprendizaxe


En xaneiro de 2020 a Consellería publica este protocolo para facilitar a intervención do alumnado con este tipo de necesidades. Premede na imaxe para poder visualizalo.