miércoles, 29 de abril de 2020

Audición e linguaxe


Audición e linguaxe
Recomendacións para as familias

Dende o Departamento de Orientación deixamos algunhas recomendacións para a estimulación lingüística que podedes realizar na casa cos vosos nenos e nenas.




·      Xogar a buscar semellanzas por: cor, forma, utilidade, categoría. Por exemplo: En que se parecen un can e unha galiña?
  • Xogar a alongar e a rematar frases.
  • Xogar a representar distintas personaxes: mestre/a, médico, tendeiro/a…
  • Facer preguntas sobre ilustracións ou feitos (aproveitando distintas situacións: contos, publicidade...) para que se exprese con frases cada vez máis longas.
  •  Xogar a “recoñecer” sons de letras. Por ex., cada vez que escoite o son “R” nas palabras que se lle van dicindo levantará una man, ou sacará a lingua,etc.
  • Adiviñas. Aquí vos deixamos algunhas para que xoguedes en familia: 

·         Xogar ao Vexo-vexo, recitar trabalinguas,...

·         Xogar a buscar antónimos, pedindo ao neno/a que diga o contrario de: enriba, dentro, alto, gordo, longo, baleiro, sucio, noite, seco, doce, rir, alegre,…
Un exemplo de opostos en video podedes velo premendo na imaxe.

·         Dicir unha frase de tres ou catro palabras desordeadas e que o neno ou nena as repita de xeito ordenado. Poñémosvos algúns exemplos na seguinte ligazón

·         Imitar sons de animais, vehículos, obxectos, etc.  Eugenia Romero fixo este video para que podades ter unha idea: ponse a imaxe e faise a onomatopeia, neste caso relacionadas co corpo humano.


·         Lerlle contos, xa que así lle serviremos de exemplo, adquirirá o gusto pola lectura, ampliará e mellorará o vocabulario e a expresión,… Do mesmo xeito deixarase que o neno/a “lea” o conto, contando a historia a través do visionado das imaxes.


Existen moitos contos online que poden ser de utilidade.
 Exemplo: Aquí deixamos A que sabe a Lúa
Preme na imaxe para escoitalo.
Lembrade seguir o noso blogue da biblioteca: 
dracoaventuras.wordpress.com




·         Asociar a palabra escoitada a unha imaxe, podedes facelo na casa ou na seguinte ligazón:

·         Adiviñar a quen se corresponden diferentes sons (imitar animais, teléfono, as chaves, …). 
Premede na imaxe par aver algúns exemplos.


·         Xogar a contar as sílabas das palabras, con palmadas por exemplo.
Aquí atoparedes fichas para descargar para que fagan os peques.

·         Xogar a nomear vocabulario aproveitando diferentes situacións e lugares (supermercado, baño, rúa…)

 Cantar e desfrutar do intre con diferentes cancións. Existen recopilatorios de cancións como “Cantando aprendo a hablar” nos que se van traballando diferentes aspectos relacionados coa fala e linguaxe.  
Deixámosvos a lingazón a unha delas:

A continuación deixamos a ligazón a unha serie de 
exercicios para mellorar a comunicación 
realizados por Eugenia Romero.


Blogs e webs con información de interese
Vídeos de praxias orolinguofaciais. 
Premede nas imaxes para poder velos.


 Mais praxias


Xogos divertidos para traballar a respiración e o soplo.


Las aventuras de Tate. 
App para nenos e nenas con trastornos da fala e a linguaxe



Recursos en lingua galega.
Na web de: aliali.gal


E tamén podedes seguir o blogue: 


Seguiremos publicando información de interese. 
Permanecede atentos e atentas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.