jueves, 23 de abril de 2020

Imos preparar a primeira saída

As nenas e nenos poderán saír de casa dende 
o día 26 de abril

Segundo se remata de anunciar a partir deste domingo, nenos e nenas de ata 14 anos poderán saír de casa  acompañados por un adulto.

1. Horario permitido de 09:00 a 21:00h (recoméndase evitar horas punta)

2. Serán acompañados en todo intre por un adulto responsable que conviva con eles (pode ser un irmán maior de idade). Poderá sair ata con tres nenos/as e deberá estar en todo intre a unha distancia á que poda controlalos.

3. Débense respectar as medidas de distanciamento social con outros nenos e adultos, como estableceron as autoridades sanitarias.

4. Permítese correr, xogar e facer exercicio aos nenos e nenas, sempre respectando as medidas de distanciamento social.

5. Poderán sair cos seus propios xoguetes, pero non poderán facer uso de parques nin de xogos infantís comúns.

6. Na contorna rural, poderase sair a pasear polo campo, o bosque... respectando sempre as medidas de distanciamento social.

7. Non poderán sair do fogar nenos, nenas e adolescentes con síntomas compatibles co COVID-19 ou que se atopen en cuarentena.



Poderán saír unha vez ao día por un máximo dunha hora na contorna dun quilómetro
A máscara non será obrigatoria pero recoméndase o seu uso.

Tamén se lles autoriza agora a permanecer nas zonas comúns das urbanizacións, se así o acorda a comunidade de veciños, aínda que os rapaces non poderán compartir xoguetes nin usar as randeeiras ou as instalacións nas que poidan montarse outros nenos ou nenas.


Podedes ver aquí o Plan de transición á nova normalidade publicada polo goberno.

Guía de boas prácticas para a saída da población infantil durante o estado de alarma (A partir do 26 de abril do 2020)


Pero, como explicar aos nenos e nenas que o domingo xa poderán saír? que pasa se o neno ten medo? como explicar as "condicións" desta "saída limitada"?

A continuación propoñemos varios contos e materiais que poderían ser de utilidade:


Conto: "El oso goloso" de Carmen Esteban. 
Tomado da web: www.orientacionandujar.com
Premede nas imaxes para velo.





O conto "Ya podemos salir a la calle! (El coronavirus y los niños)" 
da Asociación Mundial de Educadores infantiles (AMEI- WAECE) . 



Materiais con apoio de pictogramas. Tomados da páxina de arasaac.org


Conto: Superheroe con mascarilla



Coronavirus. Historia social para saír á rúa.

Salgo de casa. Historia social

Historia social en pdf




BOE 25 de abril de 2020. 
Orden SND/370/2020, de 25 de abril, sobre las condiciones en las que deben desarrollarse los desplazamientos por parte de la población infantil durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19.
Premer na imaxe para poder ler.



Por fin imos poder saír á rúa!
Despois de moitos días na casa, a partir do domingo nenos e nenas volverán a pasear e a xogar fóra, aínda que con certas restricións.

O que se van atopar nenos e nenas vai ser unha "realidade diferente" en comparación coa que deixaron antes do confinamento: levamos mascarillas e luvas, temos que evitar tocar a outras persoas, hai que manter unha distancia de dous metros de separación...

Entón xorden moitas preguntas
se saímos, xa pasou o perigo?
por que podemos saír agora?
por que é todo tan complicado?
vaime pasar algo?

Estas e outras preguntas son as que poden facerse os nenos e nenas, sobre todo os/as de menor idade.
Incluso poden amosar certo medo a saír.

Por todo isto, é importante, dependendo de cada caso que preparemos a saída.

Como podemos facelo?

A regra básica sempre é trasmitir a información real adaptándoa á idade para facilitar a comprensión.
Dar pautas claras e curtas nun momento en que o neno/a e nós esteamos tranquilos, repetindo as veces precisas fuxindo unha linguaxe complexa e alarmista.
Podemos retomar as explicacións iniciais sobre o coronavirus para diferencialo doutras enfermidades máis comúns, para que non o asocien con calquera malestar.
Explicar a necesidade de manter a distancia social para evitar contaxioso que implica que non imos poder ter contacto cos amigos e coas amigas de forma directa.
Explicar que mentres os científicos e as científicas sigan investigando sobre o virus e como se contaxia, temos que utilizar mascarillas e luvas, seguir lavando as mans con frecuencia, manter a distancia dun ou dous metros e non ir a sitios con moita xente.
Anticipar como van ser os paseos  e as precaucións que hai que tomar con naturalidae e tranquilidade.
Se nos din que non queren saír, prefiren quedar na casa ou non lles apetece, nun primeiro momento non debe preocuparnos, xa que o que ocorre é que aceptaron a situación actual. Os nenos e nenas adáptanse facilmente a novas situacións, tendo en conta ademais neste caso todo o traballo realizado polas familias explicando o que sucedeu e por que non había que saír da casa.
Agora se cremos ou detectamos que hai outros medos (a contaxiar, a contaxiarnos, a que o pai ou a nai se poñan enfermos, ou se preocupan polos avós e avoas), convén explicarlles de forma lóxica a situación, aclarando que o medo é algo normal, que todos podemos ter.

No caso de que xordan medos convén:
Transmitir tranquilidade.
Facelo pouco a pouco se é preciso.
Falar moito, tentar que exterioricen o que pensan o que lles ocorre. Recomèndase facelo de xeito indirecto pintando ou xogando.
Falar de prácticas de risco, non de lugares nin de persoas de risco
Aproveitar os paseos para rememorar bos momentos, correr, saltar, xogar... o que axudará a afrontar eses medos que poida haber.
É importante que manteñamos a calma e a tranquilidade, porque os temores, se se dan, deberían remitir en pouco tempo se seguen as pautas axeitadas cando saiamos.
É recomendable non evitar a situación, xa que pode reforzar o pensamento de medo. Hai que intentar normalizala. A exposición a ela é o fundamental.



Algunhas pautas son
  • Preparar as expectativas. Explicar o que se vai poder e non poder facer, destacando as cousas positivas que se poderán facer: dar un paseo, saltar, correr, xogar. Podemos preguntar ao volver como están, para saber se volven encantados/as ou con certa frustración, ou facelo a partir doutras actividades como o debuxo ou o xogo.
  • Podemos practicar primeiro na casa como poñer as mascarillas se decidimos levalas, como limparnos as mans, quitarse os zapatos ao volver  da rúa, que coidados temos que ter mediante dramatizacións da situación se é necesario. Como en todo, convén que os adultos sexamos un bo modelo e vexan que non pasa nada. destacar o positivo.
  • A lectura dun conto sempre é unha boa axuda. No noso blog atopades ligazóns a varios contos e materiais que poden ser de interese.


Algunhas recomendacións previas
  • Facer exercicios de mindfulness, relaxación ou ioga se é preciso durante a saída mediante xogos de atención plena como o "vexo, vexo".
  • Falar con eles como se están sentindo, preferiblemente de  forma indirecta para que non o vexan como un interrogatorio.
  • Non obrigalos a saír. Está ben animar a que saian, pero se non queren, non pasa nada. Hai que dar tempo despois de tantas semanas na casa.
  • Preparar a volta a casa, para o que convén explicar o que se vai faer e o tempo que se estará fóra, anticipando uns minutos antes que remata o paseo.
  • Intentar que o paseo sexa agradable e divertido.


QUE PODEMOS FACER PARA AXUDAR A SUPERAR O MEDO
·         Ser modelo de tranquilidade e superación.
·         Identificar que produce medo.
·         Ser comprensivo.
·         Falar sobre as cousas que causan temor, procurar escoitar e que se sinta escoitado/a.
·         Alentar a que se enfronte aos temores de forma gradual sen forzar e eloxiando as condutas de acercamento.
·         Transmitir seguridade e confianza. utilizar un ton relaxado.
·         Ensinar maneiras para reducir a ansiedade: escoitar música, relaxarse, actividades que manteñan con ocupación, mindfulness, exercicio, ...

EVITAR
·         Transmitir os nosos medos
·         Burlarse o enfadarse
·         Ignorar o medo
·         Actuar con esaxeración
·         Mentir


 Os nenos e nenas levan máis dun mes confinados 
e a súa primeira saída debe prepararse adecuadamente.

Que teñades un moi bo paseo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.